Este mes de maio imos dedicalo a obra da escritora galega An Alfaya. Estará connosco o venres 23, para comentar xuntos a súa obra. Seleccionamos dúas obras: A sombra descalza e Illa Soidade.
Para este mes de abril a proposta de lectura que facemos e a obra El paso sel Estrecho de Fernando Lalana . O venres 25 de abril, no segundo recreo, quedamos na biblioteca para falar do libro.
A segunda proposta é Marina de Carlos Ruiz Zafón. Para promocionar a súa lectura ademais dunha campaña de carteis, os profesores e profesoras lerón nos diferentes cursos o primeiro capítulo do libro. O venres 18 de marzo, no segundo recreo, imonos reunir para falar da lectura. Aquí aparecerá un pequeno artigo sobre a sesión e a opinión que os participantes nos fagan chegar.
Comezamos co éxito editorial de Jonh Boyne, O neno do pixama a raias. Para motivar a súa lectura ademais dunha campaña de carteis, os profesores e profesoras lerón nos diferentes cursos o primeiro capítulo do libro. O venres 15 de febreiro, no segundo recreo, imonos reunir para falar da lectura. Aquí aparecerá un pequeno artigo sobre a sesión e a opinión que os participantes nos fagan chegar.
LERIAS é nome da nosa revista. Coordinada polo Equipo de Normalización Lingüística nos acompaña dende a creación do instituto alá polo 1992. Tomando o seu nome queremos dar as grazas a todas e todos os que a fixeron posible ao longo destes anos. Esperamos que este club de lectura que comeza a dar os seus pasos tamén perdure no tempo.